envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - Páxina Principal
Páxina Principal
ABERTA A CONVOCATORIA DE ECOINNOVACIÓN DO CIP
Venres, 11 de Maio do 2012

Informamos aos membros de ENVITE que está ABERTA ATA O 6 SETEMBRO, a convocatoria 2012 de propostas para accións no campo da ECO-INNOVACIÓN, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).



Esta convocatoria financia proxectos:

  • Relativos á primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos ou prácticas ecoinnovadoras que foran xa tecnicamente demostradas, pero que, debido a riscos aínda existentes necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.


  • As áreas prioritarias son cinco: Reciclaxe de materiais ; Produtos sostibles para a construcción; Sector da alimentación e das bebidas; Auga ; Greening Business.

    Os proxectos , de duración máxima de 36 meses, poden ser solicitados por unha ou varias entidades, se ben é necesario demostrar o valor engadido europeo do proxecto. A porcentaxe de financiamento dos proxectos é do o 50% dos custos do proxecto.



    Máis información
     
    XORNADA ECOINNOVA. DINAMIZACIÓN DUN NOVO SECTOR: A ECO-INDUSTRIA
    Luns, 30 de Abril do 2012

    O vindeiro xoves, 24 de maio de 11:30 a 14:30, celebrarase a Xornada ECOINNOV@, na Escola Escola Politécnica Superior, Campus Universitario de Lugo, na que se mostrará cómo a través da Ecoinnovación é posible obter bioproductos e bioservizos a partir dun mellor aproveitamento de recursos da gandeiría e a agricultura



    ECO-INNOV@ é un proxecto desenvolvido en Galicia, no Principado de Asturias e Cantabria, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, co obxectivo de promover a incorporación de procesos innovadores na xestión dos negocios, e amosar novas potencialidades do entorno natural que permiten a implantación dun sector empresarial emerxente denominado ECO-INDUSTRIA.

    Ler máis...
     
    PUBLICADO DOCUMENTO DEL PROGRAMA DE TRABAJO DE MEDIO AMBIENTE FP7-ENV-2013
    Venres, 27 de Abril do 2012

    Les informamos de la publicación por parte de la Comisión Europea del ORIENTATION PAPER (ver documento anexo) correspondiente al Programa de trabajo 2013 de la temática de MEDIO AMBIENTE (INCLUIDO CAMBIO CLIMATICO) del VII PROGRAMA MARCO (FP7-ENV-2013).



    Se trata de un documento de trabajo que puede sufrir modificaciones hasta su publicación definitiva, que tendrá lugar con la apertura de la convocatoria prevista para MEDIADOS DEL MES DE JULIO



    Si necesitan asesoramiento para una propuesta asociada a un tópic concreto, pueden ponerse en contacto con LA Secretaría Técnica de ENVITE.



    Para máis Información:

    Documentación
     
    CONTRIBUCIÓNS DE ENVITE AO NOVO PROGRAMA MARCO EUROPEO HORIZON 2020
    Xoves, 26 de Abril do 2012

    O novo Programa Marco Europeo, Horizon 2020, cun orzamento estimado de 87.740 M, será o principal instrumento de apoio á I+D a nivel europeo no período 2014-2020.

    Dentro de Horizon 2020 o sector BIO estará recollido en dous apartados: como segundo reto social, “Food security, sustainable agriculture, marine and maritime research and the bio-based economy”, cun orzamento estimado de 4.694 M€, e dentro do pilar de liderado industrial, como Biotecnoloxía (575 M€). Para máis información, podedes consultar o documento anexo, elaborado pola CE.

    Aquelas persoas interesadas en realizar contribucións para Horizon 2020, poden enviar os seus comentarios á Secretaría Técnica de ENVITE



    Para máis información sobre Horizon 2020:

    Documentación

    Página web Horizón 2020

    Presentacións realizas no Foro Horizon 2020 (CDTI, 1 de marzo de 2012)
     
    OPORTUNIDADES PARA ENVITE EN AGRICULTURA PRODUCTIVA E SOSTIBLE
    Xoves, 26 de Abril do 2012

    O 29 de febreiro a CE presentou en Bruxelas a asociación europea para a innovación (EIP) «Produtividade e sostenibilidade agrícolas» (EUROPEAN INNOVATION PARTNERSHIP ON AGRICULTURAL PRODUCTIVITY AND SUSTAINABILITY. Esta EIP pretende proporcionar unha interface funcional entre a agricultura, a bioeconomía e a investigación e outras esferas a nivel da UE e a nivel nacional e rexional. Actuará como nexo de unión entre a Política de Desenvolvemento Rural e a Política de Investigación e Innovación (Horizon 2020).

    Establecéronse dous obxectivos globais para esta EIP: - promover a produtividade e eficiencia do sector agrícola (invertendo de aquí a 2020 a tendencia recente de diminución dos incrementos de produtividade) - lograr a sostenibilidade do sector agrícola (garantindo unha funcionalidade satisfactoria das terras agrícolas de aquí a 2020).



    Para máis información:

    Comunicación da CE

    Presentacións realizadas na Conferencia "Enhancing innovation and the delivery of research in EU agriculture", organizada pola CE (Bruxelas, 07/03/2012)

    Presentación sobre a EIP realizada por Inge Van Oost, DG AGRI, na última reunión do grupo de traballo de Biotecnoloxía de ERRIN (13/03/12)
     
    O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA PUBLICA A CONVOCATORIA DE AXUDAS DO PROGRAMA INNOEMPRESA
    Luns, 23 de Abril do 2012

    No DOG nº77 de 23 de abril de 2012 publicouse a convocatoria de axudas para o programa INNOEMPRESA do IGAPE.

    A Secretaría Técnica de ENVITE pon a disposición dos seus membros fichas resumo destas axudas coa finalidade de facilitar o análise das mesmas.

     

    As fichas poden solicitarse por teléfono no número 981-53.41.80. Ext.: 131, ou por correo electrónico na dirección Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesita ter o Javascript activado para podelo ver

     
     
    Xunta de Galicia in.ci.teNeurona