|
Mércores, 10 de Outubro do 2012 |
|
Cada ser humano produce entre 70 e
100 toneladas de gases contaminantes ao longo da súa vida, “polo que debería
plantar 200 árbores para compensar a súa existencia”. Con estes datos
exemplificou Laurence Franks, presidente de Keren Kayemet LeIsrael (KKL), o
compromiso que cada habitante da terra debería ter coa natureza, “un
investimento de menos de 2000 euros en toda a vida”.
Este experto israelí afincado en Barcelona dedicou a maioría
das súas palabras aos alumnos e alumnas do Grao en Enxeñaría Forestal para
facelos conscientes do “importante papel” que poden desempeñar na mellora da
calidade ambiental da súa contorna. “Son as novas xeracións as que deben
liderar a loita contra a desertización mundial”, comentou, “pero deben contar
co apoio das autoridades estatais que nestes momentos se escudan na crise
económica e de que non hai diñeiro para dicir non a todo”.
Advertiu do avance do proceso de desertización no mundo “que
non está tan lonxe de nós, xa en España, Murcia e Almería representan casos
extremos e poden transformarse en desertos”. Galicia tampouco debe desatender a
súa batalla contra a deforestación, “aínda que se trate dun fenómeno máis a
longo prazo”.
Laurence Franks expuxo o labor que desempeña a ONG que
preside, líder mundial na loita contra a desertificación. “Dende que existimos,
levamos plantadas arredor de 240 millóns de árbores”, apuntou Franks, que
explicou que ademais das repoboacións, tamén centran os seus esforzos na
creación de embalses e no fomento da investigación agrícola e forestal.
|
|
|
Mércores, 10 de Outubro do 2012 |
|
O martes
30 de outubro, a
Plataforma Tecnolóxica Galega de Medioambiente (ENVITE), en colaboración coa
Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira (PTGM) e a Plataforma Tecnolóxica
Forestal Galega (DEVESA) celebran a xornada “Oportunidades en Europa para
los sectores forestal-madera y medioambiental” que terá lugar na sede de
FEUGA en Santiago de Compostela.
Nesta xornada
daranse a coñecer diferentes iniciativas europeas de carácter medioambiental
creadas para apoiar ao sector forestal. Presentarase a estratexia forestal
europea, falarase do papel dos bosques na bioeconomía e das cuestións legais e
normativas que afectan ao comercio da industria, para rematar cos programas
de financiamento máis relevantes a nivel comunitario xestionados polo CDTI.
Así mesmo, coa
finalidade de crear vínculos entre os diferentes axentes do sector, montarase
un Panel Tecnolóxico no que se exporán as capacidades dos grupos de
investigación das tres plataformas e onde os asistentes poderán solicitar unha
reunión ou primeiro contacto con aqueles. Esta actividade de networking
ofrecerase durante toda a xornada e máis especificamente no café e xantar
tecnolóxicos.
Este evento
representa polo tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man as novas
liñas de negocio verde que se están e perfilar para a industria forestal e da
madeira, motivo polo que animámoslle a participar.
Esperando contar
con vostede, reciba un cordial saúdo.
Xúntase Programa, Boletín de Inscrición e Modelo de
presentación de capacidades para grupos de investigación.
>Programa, Boletín de Inscrición e Modelo de
presentación de capacidades para grupos de investigación.
>Modelo de
presentación de capacidadesa>
|
|
|
Mércores, 10 de Outubro do 2012 |
|
Recientemente se ha
planteado la formación de un nuevo consorcio público-privado (public-private
partnership – PPP) en investigación e innovación para las ‘bio-based
industries’, para promover el desarrollo de biorrefinerías integradas y
diversificadas, incluyendo la mejora de la cadena de suministro de la biomasa.
El objetivo de esta consulta pública abierta hasta
diciembre, es recoger aportaciones sobre la situación actual de la cadena de
valor completa de este tipo de industrias en Europa, en particular con aspectos
relacionados con I+D.
La Comisión Europea está valorando cómo apoyar esta nueva
PPP, de manera que las aportaciones enviadas ayudarán a evaluar y dar
forma a esta potencial iniciativa, que consideramos de elevado interés
para la economía de Galicia y para los miembros de envite..
El 30 de Octubre, en el marco del Workshop Interplataformas
ENVITE+DEVESA+PTGM en FEUGA, desde esta Secretaría Técnica os haremos llegar
nuestros comentarios en el cuestionario. Al final podéis ver el enlace web por
si consideráis oportuno hacer llegar los vuestros.
Adjuntamos el CUESTIONARIO que habría que rellenar
online para facilitar su lectura previa y reflexion. Recomendamos leer previamente
el INTRODUCTORY PAPER, donde se explica el origen y necesidad de esta
PPP.
CUESTIONARIO
INTRODUCTORY PAPER
ENLACE WEB
|
|
|
Martes, 07 de Agosto do 2012 |
|
O pasado 24 de xullo celebrouse na sede da Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) en Santiago a xornada “A Eco-nomía intelixente: Smart and Green Cities” organizada pola Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio ambiente (ENVITE) en colaboración con Vindeira e Loxisga.
O evento tivo despertado un grande interese, ao ter recibido 104 inscripcións dos que finalmente asistiron 94 persoas, 59 das cales eran representantes de empresas, o que supón un 63%.
Os contidos da xornada poden descargarse directamente dende esta páxina web.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 16 de Xullo do 2012 |
|
O martes 24 de xullo, ENVITE en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica das TIC en Galicia (VINDEIRA) e a Plataforma Tecnolóxica Galega de Loxística (LOXISGA) celebra a xornada “A ECO-NOMÍA INTELIXENTE: SMART AND GREEN ECONOMY” que terá lugar na sede de FEUGA en Santiago de Compostela. No evento daranse a coñecer os programas de financiamento para proxectos de I+D cercanos a mercado do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), así como os programas comunitarios para proxectos TIC con aplicacións no medio ambiente, na enerxía intelixente e o transporte sostible.
Destacan a presentación das convocatorias europeas TIC e ENERGY, o panel de proxectos de SMART AND GREEN CITIES, iniciativas que xerarán numerosas oportunidades de negocio no curto e medio prazo, o panel de capacidades de I+D+i dos centros de investigación galegos así como as demandas de I+D e as ideas de proxecto que se estean a dinamizar en relación ás temáticas da xornada. As empresas con proxectos candidatables aos programas de financiamento do CDTI poderán presentalos aos seus técnicos en reunións bilaterais (Rolda CDTI).
Programa
boletín de inscrición
Formulario proxecto (Rolda CDTI)
Listado centros de investigación con presentación (en permanente actualización)
|
|
|
Venres, 06 de Xullo do 2012 |
|
Os interesados en dispor das presentacións realizadas polos relatores da xornada poden descargalas directamente dende esta páxina web. Así mesmo, están accesibles as presentacións dos diferentes centros de investigación participantes no panel de capacidades de I+D+i. |
|
Ler máis...
|
|
| |
|
|