envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - Arquivo de novas
Páxina Principal arrow Arquivo de novas
Arquivo de novas
VIGO PON EN MARCHA UN SISTEMA PIONEIRO QUE PERMITE OBTER DATOS EN TEMPO REAL DOS MOVEMENTOS DA AUGA PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 13 de Novembro do 2011
A ría de Vigo pode presumir de contar cun dos sistemas máis novidosos para controlar a corrente e determinar a altura da ondada. Dúas estacións de radar de alta frecuencia permiten obter datos practicamente en tempo real de como se move a auga superficial, unha información crucial para actuar en naufraxios ou verteduras pero tamén moi útil para o sector pesqueiro e a planificación marítima. O grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo son uns dos pioneiros neste ámbito e apostaron por aplicar en augas interiores esta tecnoloxía, moi estendida en Estados Unidos. O sistema implantado na ría de Vigo permite conseguir datos das correntes na ría con resolución espacial duns 300 metros. É o único sistema destas características que existe en España, que conta con radares de menor frecuencia no estreito de Xibraltar, a costa vasca e tamén na galega.
 
A VIGUESA BELÉN MAX INVESTIGA COMO OS RESIDUOS AGRÍCOLAS SERVEN PARA OBTER ADITIVOS QUE SE POIDAN US PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 de Novembro do 2011
Os residuos dás podas, ou pasto ou ás follas de frutais conteñen un elevado potencial biotecnolóxico capaz de converter un dos principais problemas da industria agroalimentaria nunha forma de obter recursos económicos. O grupo do profesor José Manuel Domínguez estuda no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) de Ourense como aproveitar estas capacidades e aplicalas despois a sectores tan importantes para a economía galega como o vitivinícola. Un dos seus integrantes, a viguesa Belén Max, realiza unha tese na que desenvolve métodos de extracción do ácido ferúlico de diferentes refugallos para obter aditivos alimentarios mediante procesos de bioconversión. Ata o momento, a moza xa presentou o seu traballo en congresos internacionais de Grecia, Turquía e China. Os estudos deste tipo son o primeiro paso para coñecer o rendemento económico que se obtería do aproveitamento de residuos. A seguinte fase consistiría nun estudo a pequena escala nunha planta piloto como a que o grupo de Biotecnoloxía Agroalimentaria ten no CITI do campus ourensano.
 
A ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL PERFILA O SEU FUTURO EN VERDE PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 de Novembro do 2011
A Universidade de Vigo puxo en marcha nos últimos anos novos títulos como os graos en Ciencias Ambientais e Enxeñaría da Enerxía e mestrados en Enerxía e Sustentabilidade, Tecnoloxía Medioambiental e Xestión do Desenvolvemento Sustentable. Esta medida apoia o cálculo dos expertos hai tres anos, que confirmaba que no mercado laboral precisaría a partir do 2010 arredor de 100.000 expertos en enerxías renovables. Por outra parte, o alumnado, implicouse tamén na formación especializada en enerxías renovables coa organización de eventos como as II Xornadas sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que clausurou o reitor, Salustiano Mato e que contou con representantes de 20 empresas do sector. Ademais, organizáronse exposicións e mostras de enxeños solares e de vehículos eléctricos cedidos por PSA Peugeor Citroén e Toyota, entre eles o “supereléctrico Tesla”, como definía un dos organizadores, Adrián Sánchez
 
LÓGRASE EN VIGO UN SISTEMA PARA REDUCIR OS CUSTES NA INDUSTRIA ALIMENTARIA E FARMACOLÓXICA. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 de Outubro do 2011
Un equipo do CSIC en Vigo logrou idear unha aplicación que rebaixa substancialmente o tempo dun custoso proceso industrial e que actualmente se emprega con alimentos e fármacos. Os queixos, as conservas de peixe e os medicamentos poderían ser sectores beneficiados deste control, que se centra na liofilización (un tipo de secado ao baleiro). O director do proxecto, denominado "CAFÉ" (Computer-Aided Food processes for control Engineering), Antonio Álvarez Alonso, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), destaca o aforro que representa e indica que logrou reducir o tempo de procesado, dende as 36 horas que se empregaban tradicionalmente na liofilización a 29 horas, o que representa unha gran redución de custos no proceso e "sen afectar ás calidades". Para esta investigación, os científicos contan coa colaboración da empresa italiana SPES, da empresa francesa PMS, da empresa catalá Telstar e dun grupo de investigación do INRA. Os principais beneficiarios deste e outros resultados serán as empresas alimentarias. E a metodoloxía que se desenvolva neste proxecto será aplicable a outras industrias, como a farmacéutica. Os científicos se centran en mellorar a produción investigando sobre ferramentas informáticas -tanto softwatre com hardwatre- e empregan modelos matemáticos que permiten garantir un control dos procesos industriais. O equipo do CSIC pertence ao Grupo de Enxeñaría de Procesos e desenvolve o seu labor sobre a liña de investigación "Modelado matemático, simulación, optimización e control de bioprocesos”.
 
SPHERE DESENVOLVEU BOLSAS DE SUPERMERCADO CON CAÑA DE AZUCRE. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 de Outubro do 2011
Sphere investiu, nos últimos 3 anos, 35 millóns de € (4,5 millóns en España) no desenvolvemento dunha nova liña de negocio que engloba as bolsas fabricadas con polietileno vexetal procedente da cana de azucre. Esto débese a que a lei de Residuos e Chans Contaminados, que adapta unha directiva europea e que foi aprobada polo Senado este ano, marca 2018 como data tope para decretar a caducidade das bolsas de plástic0. Por iso os produtores españois puxéronse mans á obra para fabricar produtos compostos por substancias alternativas ao petróleo. É o caso do grupo Sphere que en España conta cunha planta de produción en Utebo (Zaragoza) que dá emprelo a 170 persoas. Sphere fabrica bolsas feitas con fécula de pataca dende 2005 e, dous anos despois, puxo en marcha mecanismos de recollida selectiva de plásticos. Agora, puxo en marcha esta nova unidade de bolsas de lixo, de conxelados e filme que "sendo optimistas, supoñerá o 10% da nosa produción" "dentro de medio ano" asegura Biel. O obxectivo do grupo é substituír toda a produción de derivados do petróleo por polietilenos vexetais antes do 2020. Na actualidade, a compañía está en proceso de negociación con varias cadeas de alimentación de España "co que os primeiros acordos entrarán en vigor en decembro ou xaneiro", sinala.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 42 de 183
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona