|
Luns, 21 de Abril do 2008 |
O pasado 12 de abril publicouse no BOE a convocatoria do ano 2008 para a concesión das axudas do Programa Nacional de Proxectos de Desenvolvemento Experimental no cadro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, 2008-2011.
A convocatoria consta dos seguintes subprogramas:
Data de publicación: BOE número 89, de 12 de abril de 2008 (PDF, 1 MB)
Orde de Bases: Orde PRE/621/2008, de 7 de marzo (BOE número 59, de 8 de marzo de 2008) (PDF, 154 KB)
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 14 de Abril do 2008 |
Seminario sobre modelización de custos e eficiencia técnica nos procesos de tratamento de augas residuais
Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago de Compostela
Data celebración: 21-22 de abril de 2008
Programa do seminario
|
|
|
Mércores, 09 de Abril do 2008 |
A OPIDi está a organizar a Xornada Informativa “A Enerxía nos programas internacionais de I+D+i”, que terá lugar o vindeiro 29 de abril no edificio do CIS D&T (Ferrol), con motivo da 2ª
convocatoria de Enerxía - DG TREN do Programa Cooperación do VII Programa Cadro e a
convocatoria 2008 de Enerxía Intelixente Europa do Programa CIP. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 08 de Abril do 2008 |
O vindeiro 15 de abril terá lugar en Santiago, na Escola Técnica Superior de Enxeñería, a II xornada de posta en marcha dos grupos de traballo de ENVITE.
A xornada comezará cunha presentación xeral dos obxectivos, características, e dinámica de funcionamento dos grupos de traballo, e continuará cunha serie de obradoiros específicos en diferentes áreas temáticas nos que os asistentes, de man dun dos membros do comité executivo, poderán debater e propoñer a creación de diferentes grupos de traballo.
Na primeira xornada, celebrada o pasado 25 de marzo e centrada nas áreas temáticas augas, solos e residuos, os membros de ENVITE debateron e propuxeron a formación de tres grupos de traballo: calidade, xestión e tratamento de augas; solos; e residuos. Nesta segunda xuntanza, as áreas temáticas elixidas son aire, medio natural e tecnoloxías ambientais.
Descarga de documentación
|
|
|
Xoves, 03 de Abril do 2008 |
Presentación da publicación ‘Subvenciones de I+D+i no ámbito da prevención da
contaminación. Balance 2004-2007’ por parte do Ministerio de Medio Ambiente.
Descargar documento (PDF, 54 KB)
|
|
|
Domingo, 30 de Marzo do 2008 |
O 25 de marzo celebrouse a primeira xornada de posta en marcha dos grupos de traballo de ENVITE na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago de Compostela.
A xornada que comezou cunha presentación xeral dos obxectivos, características, e dinámica de funcionamento dos grupos de traballo, continuou cunha primeira serie de obradoiros específicos en diferentes áreas temáticas nos que os asistentes, de man dun dos membros do comité executivo, debateron e propuxeron a formación de tres grupos de traballo:
- Calidade, xestión e tratamento de augas
- Solos
- Residuos
Descarga de documentación
|
|
|
Domingo, 30 de Marzo do 2008 |
Convocatoria aberta do Programas sectoriais de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE).
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 21 22 23 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 169 - 176 de 184 |