envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - Novas
Novas
SPHERE DESENVOLVEU BOLSAS DE SUPERMERCADO CON CAÑA DE AZUCRE. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 de Outubro do 2011
Sphere investiu, nos últimos 3 anos, 35 millóns de € (4,5 millóns en España) no desenvolvemento dunha nova liña de negocio que engloba as bolsas fabricadas con polietileno vexetal procedente da cana de azucre. Esto débese a que a lei de Residuos e Chans Contaminados, que adapta unha directiva europea e que foi aprobada polo Senado este ano, marca 2018 como data tope para decretar a caducidade das bolsas de plástic0. Por iso os produtores españois puxéronse mans á obra para fabricar produtos compostos por substancias alternativas ao petróleo. É o caso do grupo Sphere que en España conta cunha planta de produción en Utebo (Zaragoza) que dá emprelo a 170 persoas. Sphere fabrica bolsas feitas con fécula de pataca dende 2005 e, dous anos despois, puxo en marcha mecanismos de recollida selectiva de plásticos. Agora, puxo en marcha esta nova unidade de bolsas de lixo, de conxelados e filme que "sendo optimistas, supoñerá o 10% da nosa produción" "dentro de medio ano" asegura Biel. O obxectivo do grupo é substituír toda a produción de derivados do petróleo por polietilenos vexetais antes do 2020. Na actualidade, a compañía está en proceso de negociación con varias cadeas de alimentación de España "co que os primeiros acordos entrarán en vigor en decembro ou xaneiro", sinala.
 
UN INVESTIGADOR DA USC CREA UN MODELO PARA ESTUDAR O COMPORTAMENTO DA MADEIRA. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 de Outubro do 2011
Pablo Guindos Bretones, da Unidade de Xestión Forestal Sostible da USC, creou un modelo que permite estudar mellor a madeira con nós, ao simular o seu comportamento mecánico. O seu achado forma parte da súa tese doutoral, dirixida por Manuel Guaita Fernández e Juan Ortiz Sánz, cualificada cun sobresaínte cum laude por unanimidade. Este modelo permite predicir o comportamento da madeira cunha gran precisión. «É unha liña de relevancia, xa que os nós son defectos que, alén de diminuír a resistencia, fan ineficiente ou uso da madeira en fins estruturais. Ademais, a investigación supón un avance, xa que a influencia mecánica dous nós segue sendo descoñecida en boa medida», resalta a USC nunha nota informativa.
 
A CONFEDERACIÓN DO MIÑO-SIL DECLARARÁ A PREALERTA POR SEQUÍA SE NON CHOVE EN 10 DÍAS PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 de Outubro do 2011
Despois do setembro máis seco dos últimos 40 anos e dun inicio de outubro con temperaturas máis estivais que outonais, os encoros da comunidade alcanzaron niveis de ocupación tan preocupantes que obrigan a adoptar medidas preventivas. Mentres a Xunta insiste en que na conca Galicia-Costa a subministración está garantida "para uns 100 días", a Confederación Hidrográfica do Cantábrico deu un paso adiante ao declarar a prealerta por seca en toda a súa demarcación, que abrangue principalmente Asturias e Cantabria pero tamén os ríos Navia e Eo ao seu paso por Lugo. De persistir a situación ou se non se rexistrasen precipitacións abondo para devolver a normalidade aos encoros, o aviso podería estenderse en cuestión de días a case toda a comunidade. Así recoñeceuno onte o presidente da Confederación do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, quen admite que se non chove a curto prazo declarará a prealerta en toda a conca, que abrangue a provincia de Ourense, parte da de Pontevedra e a metade sur de Lugo. "Ímonos dar un prazo aproximado de 10 días para ver como evoluciona a situación e, en caso de que non houbese unha cantidade suficiente de precipitacións, declarariamos unha situación de prealerta", advertiu onte Liñares.
 
UN BIÓLOGO VIGUÉS CREA UN COMPOST CON POSOS PARA A CRÍA DE FUNGOS GOURMET, COGOMELOS CON CAFÉ. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 de Outubro do 2011
Iñaki Mielgo de Luque, biólogo vigués, quen, preocupado polo medio, encontrou un labor máis naturalista para os pousos de café. O científico ideou un método para introducir estes restos na función de reciclaxe da natureza, converténdoos nun fertilizante para cogomelos. Unha olla exprés era a encargada de esterilizar os sedimentos para evitar a contaminación dos cogomelos. Posteriormente, os pousos, unha vez escorridos, mesturábanse con micelio -ramificacións que constitúen o corpo vexetativo dos fungos-. Agora todos os esforzos de Mielgo se concentran en encontrar apoio económico para que o seu proxecto se converta en realidade. En vista de que os bancos non facilitan a concesión de préstamos, o biólogo botou man do crowdfunding ou cooperación colectiva a través de Internet. O Cogomelo Verde xa encontrou un lugar na Rede e agora Iñaki Mielgo espera que se sitúe nas tixolas das súas casas.
 
GALICIA LIDERARÁ A INVESTIGACIÓN SOBRE DEPURACIÓN DE AUGAS. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 de Outubro do 2011
A Universidade de Santiago e Agbar crean o centro tecnolóxico do auga. O obxectivo do Cetaqua, que se sitúa no campus Vida da USC, será centrar os seus esforzos en dúas liñas de investigación dentro do ciclo integral da auga: o control e xestión de verteduras e a depuración de augas en pequenos e medianos municipios. O grupo catalán, que realiza o 80% da investigación sobre auga do sector privado en España, achega ao centro medio millón de euros ao ano. Estes institutos buscan a especialización, polo que o galego liderará as novas tecnoloxías de depuración en pequenos concellos e a problemática de depuración no rural; así como a xestión avanzada da rede de sumidoiros e a problemática da achega de augas residuais industriais. Galicia conta xa co segundo Centro Tecnolóxico da Auga de España, que se suma así ao que existe en Barcelona, e aos que pronto se unirá o de Málaga. Cetaqua Galicia é o froito da colaboración entre o grupo catalán Agbar, que xestiona a auga de máis dun millar de poboacións en España; a Universidade de Santiago (USC); o Consello Superior de Investigacións Científicas e Aquagest, unha das empresas do grupo.
 
O CAMPUS FERROLANO BUSCARÁ RECURSOS PARA CREAR UNHA PLANTA DE RECICLAXE EN SENEGAL. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 de Setembro do 2011
O Laboratorio de Química do Centro Tecnolóxico de Esteiro completou a primeira fase do proxecto. O Laboratorio de Química do Centro de Investigación Tecnolóxica do Campus de Ferrol, a Oficina de Cooperación e Voluntariado e a ONG Ecodesarrolla Gaia acaban de finalizar a súa primeira fase do proxecto de valorización de residuos plásticos en Senegal coa volta de Lorena González e Silvia Rodríguez que estiveron a traballar durante 4 semanas no oeste do país subsahariano para avanzar nunha iniciativa que ten como fin último a creación dunha planta de reciclaxe de residuos plásticos para o seu posterior reutilizar no sector da construcción
 
A USC TERÁ UN CENTRO DE ESTUDIO DE TRATAMENTO DA AUGA. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 de Agosto do 2011
A Universidade porá en marcha o proxecto co CSIC, Aquagest e Agbar A terra da auga contará por fin cun centro de investigación dedicado por enteiro á conservación dun dos bens máis prezados do planeta. A Universidade de Santiago, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e as empresas Aquagest e Agbar (Augas de Barcelona) están en trámites de crear unha fundación que permitirá á súa vez poñer en marcha un centro de investigación da auga: o Cetaqua. Segundo se informou o Consello de Goberno da USC do pasado 19 de xullo, o novo centro de investigación situarase en tres módulos do edificio Emprendia que teñen como valor de aluguer 17.000 euros -que a Universidade non cobrará-. Ademais, Agbar colaborará co grupo de investigación de Enxeñería Ambiental e Procesos para levar a cabo os estudos. A proxección deste centro de investigación é ambiciosa. Segundo as previsións, en cinco anos chegaría a aglutinar a un total de 25 investigadores e contar cun presuposto de entre dous e tres millóns de euros.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 41 - 48 de 184
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona