envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - Novas
Novas
AS CONSERVEIRAS INVESTIGAN A APLICACIÓN DE ULTRASÓNS NO PROCESADO DO PESCADO PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 20 de Agosto do 2011
O sistema pretende sustituir o tratamento convencional de calor para conservar mellor as propiedades nutricionais da materia prima A patronal conserveira española Anfaco-Cecopesca mantén a súa aposta pola investigación malia a crise e iniciou a fase final dun proxecto que pretende mellorar a competitividade dos produtos que sacan ao mercado as empresas transformadoras de peixes e mariscos. A industria desenvolve un prototipo que busca substituír o sistema de procesado actual, baseado na pasteurización e esterilización da materia prima mediante a aplicación de altas temperaturas, por outro de uso de ultrasóns que ten un impacto "mínimo" no contido nutricional e a calidade dos alimentos transformados. O sector considera que os ultrasóns son "unha das tecnoloxías alternativas máis prometedoras" na industria alimentaria e, malia que recoñece que a súa aplicación no campo dos produtos da pesca e a acuicultura é "aínda incipiente", aposta por iniciar unha etapa de investigación que permita desenvolver esta tecnoloxía a nivel industrial adaptándoa ás necesidades das empresas conserveiras.
 
UNHA BIÓLOGA GALEGA SALVA UNHA ESPECIE EN EXTINCIÓN DA QUE SÓ HABÍA DÚAS VIVAS NO MUNDO PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 de Agosto do 2011
A decana da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago e directora do grupo de Biotecnoloxía e conservación da flora ameazada, María Luz González, recuperou mediante o seu cultivo in vitro unha especie ameazada da flora mediterránea. Trátase dunha especie do xénero "Jasione" que se encontra practicamente extinguida. A investigadora, que colabora no estudo coa Universidade Autónoma de Barcelona, conseguiu un clon da especie. A institución educativa universitaria confirma que o traballo correu a cargo da profesora González Caamaño, en colaboración con Miguel Serrano da facultade de Farmacia de Santiago e o profesor de Botánica da Universidade Autónoma de Barcelona, Llorenç Sáez Gonyalons.
 
AENOR PRESENTA EN SOCIEDADE A ISO 5001 EN EFICIENCIA ENERXÉTICA PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 de Agosto do 2011
A nova norma internacional reduce o consumo, os costes e as emisións de CO2. A Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) presentou en España a nova norma técnica ISO 5001 capaz de axudar ás organizacións a racionalizar, reducir e mellorar a utilización da enerxía Esta norma, de carácter internacional, substituirá á que actualmente está en vigor en Europa, a EN 16001. Será en outubro cando a nova norma internacional, adóptese como europea e incorpórese ao catálogo de Aenor. A nova norma entra dentro do Plan de Acción 2008-2012 de Eficiencia Enerxética aprobado polo goberno que xerará un aforro de enerxía primaria acumulado de 87,9 millóns de toneladas equivalentes de petróleo e unha redución de emisións de CO2 á atmosfera de 238 millóns de toneladas.
 
CANDIDATURA EUROPEA LIFE + PARA MELLORAR A TAXA DE RECICLAXE DE RESIDUOS PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 de Xullo do 2011
Sogama, apoiada pola Consellería de Medio Ambiente e coa colaboración da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), acaba de presentar a súa candidatura, no apartado de comunicación e información, á convocatoria Life+ 2011, instrumento europeo de carácter financeiro dedicado exclusivamente ao medio ambiente e establecido para o período comprendido entre os anos 2007 e 2013. Baixo o título “The environmental, economic and social impacts of improving the recovery of lightweight solid waste in Galicia” (“Os impactos medioambientais, económicos e sociais da mellora na recuperación dos residuos urbanos en Galicia”) e o acrónimo “WARE2GAL”, a finalidade do proxecto non é outra que a de incrementar a colaboración da cidadanía na recollida selectiva e lograr unha maior participación desta na separación do lixo a depositar nos colectores amarelos e que, en todo caso, debe estar conformado por envases de plástico, latas e briks xerados nos fogares. As taxas de reciclaxe en Galicia están por baixo da media estatal, situada no 15 por cento, pero aínda se atopan máis afastadas da media comunitaria, situada no 24 por cento, e moito máis dos niveis alcanzados por países tales como Alemania, cun 48 por cento. Así o recoñece o novo Plan Autonómico de Xestión de Residuos Urbanos definido para o período 2010-2020, entre cuxos retos se atopan diminuír a produción de residuos nun 10 por cento, incrementar a reutilización e o reciclado ata o 30 por cento (fronte ao 10 por cento actual) e minimizar o vertido final, a opción menos desexable, depositando en vertedoiro tan só os desperdicios que non poidan ser valorizados a través doutras vías. Cun prazo de execución de dous anos e medio e un orzamento de 426.000 euros, dos cales a Unión Europea cofinanciaría un máximo do 50 por cento, o principal obxectivo do proxecto presentado por Sogama ao Life + será o de proceder a un cambio de mentalidade da poboación galega, procurando que esta asuma a importancia da súa activa participación no sistema a través dunha axeitada separación de residuos en orixe e un correcto depósito dos mesmos no colector de cor amarela, no que aínda se detectan altas porcentaxes de impropios (residuos que non deben ser introducidos neste recipiente) , que superan con creces o 30%. Para iso, a empresa pública contempla diversas actuacións de comunicación que terían como horizonte rebaixar ata o 15 por cento a actual porcentaxe media de impropios na bolsa amarela. Ditas accións pasarían pola celebración de charlas e visitas á súa planta de clasificación de envases lixeiros no Complexo Medioambiental de Cerceda, onde os distintos colectivos poderían comprobar o seu funcionamento e, polo tanto, a importancia do seu esforzo na casa; concursos entre os cidadáns e os propios municipios, utilizando distintos incentivos a través dos cales estimular o seu interese; edición de material didáctico e divulgativo adaptado ás distintas realidades galegas; deseño de programas educativos específicos destinados aos escolares; xogos, páxina web específica do proxecto, accións concretas a través das redes sociais e un longo etcétera de actividades cuxo fin último será o de conseguir enviar á industria transformadora maior cantidade e mellor calidade dos materiais destinados á reciclaxe para que estes poidan converterse en novos produtos, contribuíndo desta forma ao aforro de enerxía e materias primas virxes. Para o ensaio do plan de acción que Sogama presentou á Comisión Europea, seleccionáronse, en base a criterios tales como a densidade de poboación, excelencia turística, alta porcentaxe de impropios e proxección industrial, unha ducia de municipios galegos, establecendo unha ratio de tres por provincia. Os concellos elixidos foron, por parte da provincia da Coruña, a cidade de Santiago de Compostela, Cerceda e Curtis; por parte da provincia lucense, Lugo, Sarria e Quiroga; por Ourense, a propia cidade das Burgas, Celanova e Pobra de Trives; e, no caso de Pontevedra, as localidades de Baiona, Marín e Poio. Cunha extensión total de 29.574 quilómetros cadrados, todos eles suman unha poboación de 391.343 habitantes, situándose nunha porcentaxe de impropios nos colectores amarelos que oscila entre o 31,27 por cento a máis baixa ata o 70,78 por cento a máis elevada. Aínda que o incremento das cotas de reciclado traerá consigo importantes beneficios ambientais, non menos importantes son as súas vantaxes económicas. Cantos máis residuos envíen os concellos aos centros recicladores a través dos Sistemas Integrados de Xestión (neste caso Ecoembes), máis ingresos económicos recibirán por parte destes, coa particularidade de que lograrán diminuír a cantidade de lixo a depositar nos colectores convencionais, minimizando o importe da factura que deben pagar a Sogama por tonelada de bolsa negra entregada a esta Sociedade pública. Incrementar a recollida selectiva e reducir o lixo destinado aos recipientes de recollida xenérica constitúen dous dos grandes retos aos que debe enfrontarse a nosa comunidade. A clave do éxito reside, sen dúbida, na implicación de todos.
 
REPRESENTANTES DE ENVITE DAN A COÑECER AS OPORTUNIDADES QUE A XESTIÓN DE RESIDUOS BRINDA AO EMPRENDE PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 de Decembro do 2010
  • Un voceiro do Comité Executivo da Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio (Envite), será o encargado de trasladar a visión desta organización respecto ás posibilidades que un sector emerxente como o dos residuos ten no actual escenario de crise económica para a xeración de emprego e riqueza.
  • A intervención de Envite terá lugar no marco dunha mesa sectorial promovida polo Proxecto de cooperación transfronteiriza Bioemprende e que se celebrará este venres, día 17, en Tui.
  • O principal obxectivo de Bioemprende focalízase cara a consolidación dun tecido empresarial biotecnolóxico como motor de crecemento económico no ámbito da Eurorrexión.
Ler máis...
 
POSTA EN MARCHA DO MAIOR PROGRAMA DE FINANICACIÓN ORIENTADO A ENERXÍAS RENOVABLES: NER300 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 de Novembro do 2010

A Comisión Europea puxo en marcha o maior programa mundial de financiación para proxectos e tecnoloxías de captura e almacenamento de carbono (CCS) e proxectos innovadores de demostración de tecnoloxías de enerxías renovables: o Programa NER300.

A iniciativa sufragarase coa venda de 300 millóns de dereitos de emisión que se atopan na reserva do sistema de comercio de emisións da UE, venda da que o Programa toma o seu nome (NER = new entrants reserve of the EU emissions trading system). O Banco Europeo de Inversións (BEI) será o encargado de vender estes permisos antes do 1 de xaneiro de 2013. Ao prezo de mercado actual, o importe da iniciativa ascende a uns 4.500 millóns de euros. Bruselas financiará a metade de cada proxecto e a empresa promotora e o Estado membro de orixe deberán aportar o 50% restante, co que a financiación total situarase en 9.000 millóns. En concreto, financiaranse polo menos oito proxectos relacionados coas tecnoloxías de captura e almacenamento de carbono (CAC) e outros trinta e catro proxectos, como mínimo, relacionados coas tecnoloxías innovadoras no eido das enerxías renovables. Financiaranse entre un mínimo dun proxecto e un máximo de tres por Estado membro. As empresas interesadas na presentación de propostas disponen de tres meses para remitir as súas ofertas a escala nacional.Nota de prensa sobre a iniciativa (http://www.eib.org/about/press/2010/2010-193-climate-change-commission-launches-major-investment-programme-for-innovative-low-carbon-technologies.htm ).Máis información para promotores de proxectos que buscan financiación a través de NER300  pódese atopar na web do Programa: http://ec.europa.eu/clima/funding/ner300/index_en.htm Preguntas e Respostas sobre o Programa NER300 e a  primeira convocatoria de propostas: http://europa.eu/rapid/pressReleasesAction.do?reference=MEMO/10/549&format=HTML&aged=0&language

 

 
FEUGA lanza unha novedosa oferta formativa on line en xestión medioambiental PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 de Outubro do 2010


A Fundación Empresa - Universidad Gallega (FEUGA) e o Centro de Ingeniería e Innovación para el desarrollo Medioambiental (GEODEM) lanzan unha novedosa oferta formativa on line en xestión medioambiental, a través do portal www.feuga.es/gestionmedioambiental.aspx.

 

Trátase dunha modalidade formativa flexible, de fácil acceso e económica, como é o e-learning que ofrece a profesionais e empresas a oportunidade de mellorar a  súa  formación nesta  materia. O catálogo consta  de 32 cursos, cunha media de trinta horas de duración e un prezo que oscila entre os 60 e os 100 euros, que se organizan en torno a cinco módulos temáticos independentes entre sí: RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA, INTEGRACIÓN AMBIENTAL SECTORIAL, XESTIÓN FORESTAL, XESTIÓN AMBIENTAL, SISTEMAS (CALIDADE, MEDIOAMBIENTE E PRL)     

 Máis información:                                 Teléfono: 981534180          Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesita ter o Javascript activado para podelo ver

 

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 49 - 56 de 184
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona