envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - Novas
Novas
Terceira xuntanza do Comité Estratéxico de "Neurona" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 de Xuño do 2009
O Comité Estratéxico da Rede de Plataformas Tecnolóxicas galegas "Neurona" celebra a súa terceira xuntanza contando coa presenza do Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia


O Comité Estratéxico da Rede de Plataformas Tecnolóxicas galegas Os membros do Comité Estratéxico da Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas "Neurona" celebraron a pasada semana, en Santiago de Compostela, a súa terceira reunión co fin de realizar un balance das actividades desenvolvidas por esta dende a súa creación, en abril de 2008, ata o día de hoxe, dando conta igualmente dos logros obtidos polas 17 Plataformas Tecnolóxicas que a integran na actualidade e que agrupan a máis de 1.500 axentes entre empresas, asociacións, clústeres empresariais, centros tecnolóxicos e grupos de investigación.

O presidente de Neurona, á súa vez presidente da Plataforma das TIC- Vindeira, Antonio Rodríguez del Corral, deu traslado ao Director Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla Pueyo, de todos os detalles correspondentes á evolución da Rede co fin de que este puidese ter un coñecemento máis preciso da mesma. Ao obxecto de complementar esta información, os representantes dos Comités Executivos das distintas Plataformas pasaron a expoñer o traballo desenvolvido por estas, así como as necesidades ás que deben facer fronte. Por parte de Envite (Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente), cuxa presidencia ostenta na actualidade Sogama, acudiron a esta cita dous vogais do Comité: Juan Lema, Director da Escola Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, e Miguel Costoya, Director do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia. O profesor Lema quixo deixar constancia do interese en dar continuidade ao labor da Plataforma e anunciou que, en breve, terá lugar a renovación dos membros do Comité Executivo, procedendo para isto á convocatoria do proceso electoral oportuno, así como á celebración da correspondente Asemblea Xeral.
Ler máis...
 
Proxecto europeo de cooperación transfronteiriza BIOEMPRENDE PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 de Xuño do 2009
BIC Galicia, como entidade da Xunta de Galicia que promove a creación e desenvolvemento de empresas innovadoras, organiza coa Fundación Universidade de Vigo, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, BIC Minho e IE Minho, este Foro no marco do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza BIOEMPRENDE.

Proxecto europeo de cooperación transfronteiriza BIOEMPRENDE

Obxectivos

Empresas, investigadores e axentes de apoio ao sector en Galicia e Norte de Portugal analizan as potencialidades da biotecnoloxía para o desenvolvemento de novas liñas de negocio ao redor das seguintes mesas redondas:

  1. Biotecnoloxía Vermella: Medicamento e Saúde
  2. Biotecnoloxía Azul: Acuicultura e Pesca
  3. Biotecnoloxía Verde: Agroalimentación
  4. Biotecnoloxía Branca: Medio
Ler máis...
 
Proxecto "Red-Genera" PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 16 de Maio do 2009
Seis entidades galegas participan como socios no proxecto “Red-Genera”, cofinanciado polo fondo “FEDER” a través do programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal

  • Liderado polo Consello Galego de Cámaras, o principal obxectivo deste proxecto, que integra a unha decena de socios de Galicia e Portugal, é o de fortalecer a xestión dos residuos industriais co fin de facela máis sostible, apostando pola redución, a reciclaxe, a reutilización de materiais para outros procesos e a valorización.
  • Dotado cun orzamento total de 1.676.289,43 euros e un prazo de desenvolvemento de 2 anos, conta cun cofinanciamento do Fondo FEDER do 75 por cento.
  • Representantes das entidades participantes nesta iniciativa, reuníronse o pasado 12 de maio na sede da Cámara de Comercio de Pontevedra co fin de articular e estruturar o correspondente plan de execución.

Seis entidades galegas participan como socios no proxecto “Red-Genera”, cofinanciado polo fondo “FEDER” a través do programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal

Seis entidades galegas (Sogama, Cámaras de Comercio de Ourense, Pontevedra, Vigo e Tui, e a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento), e tres portuguesas (Centro de Valorización de Residuos CVR, Asociación de Industrias do Minho- AIMINHO, e IDITE-Minho), participan como socias no proxecto Red-Genera, iniciativa de cooperación entre as rexións do norte de Portugal e Galicia que, liderado polo Consello Galego de Cámaras de Comercio, ten por obxecto fortalecer a xestión dos residuos industriais a través de medidas tales como a redución en orixe, a reciclaxe, a reutilización de materiais para outros procesos e a valorización material e enerxética.
Ler máis...
 
Eco-innovación 2008-2013 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 de Abril do 2009
Convocatoria de propostas para accións no campo da eco-innovación, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP)

Convocatoria de propostas para accións no campo da eco-innovación, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP)A convocatoria financiará proxectos: Relativos a primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos u prácticas ecoinnovadoras que foran xa tecnicamente demostradas, pero que, debido a riscos todavía existentes necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.
Ler máis...
 
Taller de mellora competitiva: Ecoeficiencia e Ecoinnovación, 23, 30 abril, 7, 14 maio PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 de Abril do 2009
Taller de mellora competitiva: Ecoeficiencia e Ecoinnovación, 23, 30 abril, 7, 14 maioO BIC Galicia e a Fundación Empresa Universidade Galega FEUGA desenvolven conxuntamente o Programa de Talleres de Mellora Competitiva TMC co obxectivo de contribuír á mellora da produtividade e a competitividade das empresas galegas.

Os Talleres de Mellora Competitiva TMC teñen como filosofía a realización de actuacións que contribúan á implantación efectiva de procesos de mellora nas empresas a través do emprego de novas técnicas e ferramentas de xestión empresarial.

Obxetivos
  • Aprender os conceptos e as utilidades da ecoeficiencia e a ecoinnovación como ferramentas de competitividade para as empresas.
  • Adquirir os coñecementos necesarios para optimizar os procesos de ecoeficiencia e ecoinnovación, mellorando o rendemento obtido mediante a implantación dun sistema de xestión ambiental.
  • Aplicar as técnicas e metodoloxía a seguir para avaliar os aspectos ambientais dos seus produtos e servizos detectando as posibles áreas de mellora.
  • Coñecer as novas oportunidades de negocio que expón a sustentabilidade.

Matrícula
Gratuíta, realizarase por rigorosa orde de inscrición.
A asistencia está suxeita ao número de prazas dispoñibles.

Información e inscricións
Data límite de inscrición: 17 de abril
Para incribirse e obter máis información
Inscricions: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesita ter o Javascript activado para podelo ver

Consultar folleto (PDF, 2,31 MB)
 
Envite presenta a súa Axenda Estratéxica de Investigación PDF Imprimir Correo-e
Martes, 31 de Marzo do 2009
A Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (Envite) presenta a súa Axenda Estratéxica de Investigación nun acto presidido polo Director Xeral de I+D+I da Xunta de Galicia

Ante un auditorio próximo ao centenar de persoas, representantes todas elas de empresas, entidades, institucións e Universidades adheridas ás Plataformas Tecnolóxicas Galegas de Medio Ambiente (ENVITE) e de Enerxía (ENERXE), o hotel "Puerta del Camino” de Santiago de Compostela acolleu o 30 de marzo o acto de presentación das Axendas Estratéxicas de Investigación e Innovación (AEI) de ambas as dúas Agrupacións ou, o que é o mesmo, os documentos que marcan a folla de ruta a seguir por o sector ambiental e enerxético galego durante os próximos anos e nos que se define o marco estratéxico e as áreas prioritarias para o desenvolvemento das actividades de I+D+i promovidas dende as respectivas Plataformas.

A Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (Envite) presenta a súa Axenda Estratéxica de Investigación nun acto presidido polo Director Xeral de I+D+I da Xunta de Galicia
Ler máis...
 
O comité estratéxico da rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas "Neurona" realiza un balance PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 de Marzo do 2009
O comité estratéxico da rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas "Neurona" realiza un balance das actividades desenvolvidas durante o pasado ano e primeiro trimestre do 2009


O comité estratéxico da rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona realiza un balance das actividades desenvolvidas durante o pasado ano e primeiro trimestre do 2009O pasado 11 de marzo douse cita, en Santiago de Compostela, o Comité Estratéxico da Rede Neurona, formado polos presidentes dos Comités Executivos das 17 Plataformas Tecnolóxicas galegas existentes actualmente e que agrupan a máis de 500 empresas. O obxectivo deste encontro era o de realizar un balance das actividades máis significativas desenvolvidas pola Rede durante o ano 2008 e primeiro trimestre do 2009. O Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Salustiano Mato de la Iglesia, foi o encargado de dar a coñecer as principais actuacións materializadas por Neurona dende a súa creación, en abril de 2008, ata o día de hoxe, destacando o seu principal labor, que non é outro que o de promover e fomentar as relacións e vínculos de confianza entre as distintas Plataformas sectoriais co fin de abordar proxectos colaborativos de interese común.

Ademais da elaboración dun manual operativo de funcionamento da Rede Neurona, levaron a cabo talleres sobre aprendizaxe de metodoloxías das Plataformas Tecnolóxicas, pretendendo con iso que as máis experimentadas desen traslado dos seus coñecementos ás que dispoñían de menos bagaxe, así como talleres de cooperación, co propósito de establecer contactos e identificar os primeiros campos nos que as agrupacións puidesen aproveitar entre si o seu coñecemento e traballo, definindo programas de actuación conxunta.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 80 de 184
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona