|

§envite é o foro creado, co apoio da Consellería de Innovación e Industria, polas empresas e institucións do sector medioambiental galego para representar e promocionar os aspectos clave asociados á investigación, o desenvolvemento e a innovación das organizacións galegas.
Obxetivos de Envite - Ser un foro de referencia no sector cunha alta representatividade, logrando un maior nivel de participación de todo tipo de axentes e impulsando á competitividade do sector ambiental no I+D+i.
- Desenvolver a Axenda Estratéxica de Innovación, a cal, será a guía tecnolóxica do sector ambiental a curto e longo prazo, identificando os campos nos que os axentes do sector deben centrarse, e evolucionando a medida que xorden novas tecnoloxías.
Estructura Vision - envite, quere promover e facilitar a mellora da competitividade das empresas galegas de tecnoloxías e servizos ambientais mediante a promoción da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
- envite, pretende fomentar a participación de todos os axentes do sector con interese en actividades e proxectos de I+D+i a través dun modelo de xestión aberto, transparente e participativo que estimule a xeración de propostas e a materialización de compromisos de execución.
- envite, aposta por conseguir un sector ambiental consolidado, cunha masa crítica de empresas orientadas cara a creación de productos tecnolóxicos e solucións innovadoras, que permitan posicionar o sector ambiental galego coma referente coñecido a nivel europeo.
Estatutos Descargar regulamento interno
Actas
Actas de reunións
|