|
"West Midlands Rural and Environment Learning and Development Fund" |
|
|
|
|
Mércores, 28 de Xaneiro do 2009 |
A OPIDi infórmanos dunha procura de parceiros para participar nun proxecto que se vai presentar á convocatoria 2009 do Programa "Leonardo da Vinci", dentro das súas accións de mobilidade. O proxecto é o seguinte:
Título: "West Midlands Rural and Environment Learning and Development Fund".
Promotor: Advantage West Midlands (Reino Unido).
Principais obxectivos: O proxecto pretende facilitar a diseminación e o intercambio das mellores prácticas e experiencias entre socios transnacionais nas seguintes áreas:
- Mitigación e adaptación ó cambio climático.
- Investimentos en tecnoloxías medioambientais de baixas emisións de carbón.
- Redes descentralizadas e sostibles de enerxía, incluíndo biocombustibles.
- Xestionar e respostar os retos da reforma da PAC e do renacemento do rural.
- Xestión medioambiental, incluíndo a calidade da auga, a biodiversidade e a protección do chan.
Data límite de resposta: 5 de febreiro de 2009.
Atoparedes máis detalles do proxecto neste arquivo (Word, 82 KB).
No caso de ser do voso interese, podedes contactar directamente con:
Aled Thomas
Advantage West Midlands
Enderezo electrónico:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesita ter o Javascript activado para podelo ver
Pídennos, que no caso de que contactedes para mostrar o voso interese, manteñámoslles informados para poder facer o seguimento e prestarnos o seu apoio.
Para calquera dúbida que os poida xurdir sobre os diferentes aspectos relacionados co proxecto, así como cos Programas Internacionais de I+D+i, vos podedes dirixir a:
Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi)
Dirección Xeral de I+D+i - Consellería de Innovación e Industria
A Cabana, s/n. 15590 - Ferrol - A Coruña
Tel.: +34 981 33 71 77 / 78
Fax: +34 981 33 71 71
E-mail:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesita ter o Javascript activado para podelo ver
Web: www.opidi.org.
|