envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - A ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL PERFILA O SEU FUTURO EN VERDE
Páxina Principal arrow Novas arrow A ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL PERFILA O SEU FUTURO EN VERDE
A ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL PERFILA O SEU FUTURO EN VERDE PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 de Novembro do 2011
A Universidade de Vigo puxo en marcha nos últimos anos novos títulos como os graos en Ciencias Ambientais e Enxeñaría da Enerxía e mestrados en Enerxía e Sustentabilidade, Tecnoloxía Medioambiental e Xestión do Desenvolvemento Sustentable. Esta medida apoia o cálculo dos expertos hai tres anos, que confirmaba que no mercado laboral precisaría a partir do 2010 arredor de 100.000 expertos en enerxías renovables. Por outra parte, o alumnado, implicouse tamén na formación especializada en enerxías renovables coa organización de eventos como as II Xornadas sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que clausurou o reitor, Salustiano Mato e que contou con representantes de 20 empresas do sector. Ademais, organizáronse exposicións e mostras de enxeños solares e de vehículos eléctricos cedidos por PSA Peugeor Citroén e Toyota, entre eles o “supereléctrico Tesla”, como definía un dos organizadores, Adrián Sánchez
 
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona