envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - VIGO PON EN MARCHA UN SISTEMA PIONEIRO QUE PERMITE OBTER DATOS EN TEMPO REAL DOS MOVEMENTOS DA AUGA
Páxina Principal arrow Arquivo de novas arrow VIGO PON EN MARCHA UN SISTEMA PIONEIRO QUE PERMITE OBTER DATOS EN TEMPO REAL DOS MOVEMENTOS DA AUGA
VIGO PON EN MARCHA UN SISTEMA PIONEIRO QUE PERMITE OBTER DATOS EN TEMPO REAL DOS MOVEMENTOS DA AUGA PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 13 de Novembro do 2011
A ría de Vigo pode presumir de contar cun dos sistemas máis novidosos para controlar a corrente e determinar a altura da ondada. Dúas estacións de radar de alta frecuencia permiten obter datos practicamente en tempo real de como se move a auga superficial, unha información crucial para actuar en naufraxios ou verteduras pero tamén moi útil para o sector pesqueiro e a planificación marítima. O grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo son uns dos pioneiros neste ámbito e apostaron por aplicar en augas interiores esta tecnoloxía, moi estendida en Estados Unidos. O sistema implantado na ría de Vigo permite conseguir datos das correntes na ría con resolución espacial duns 300 metros. É o único sistema destas características que existe en España, que conta con radares de menor frecuencia no estreito de Xibraltar, a costa vasca e tamén na galega.
 
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona