envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - A CONSELLERIA DE ECONOMÍA DEDICA 12,5 MILLÓNS AO I+D+i EMPRESARIAL
Páxina Principal arrow Arquivo de novas arrow A CONSELLERIA DE ECONOMÍA DEDICA 12,5 MILLÓNS AO I+D+i EMPRESARIAL
A CONSELLERIA DE ECONOMÍA DEDICA 12,5 MILLÓNS AO I+D+i EMPRESARIAL PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 15 de Abril do 2012

A Consellería de Economía e Industria destinará este ano un total de 12,5 millóns de euros á innovación empresarial por medio da convocatoria de axudas que teñen por obxectivo fomentar o crecemento das empresas mediante a investigación  e a innovación así como incentivar os investimentos innovadores, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

A actuación enmárcase no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, plan integral do Goberno autonómico que contempla a innovación como motor de crecemento empresarial.

Nestas convocatorias valoraranse os proxectos que se desenvolvan nas áreas de influencia dos plans impulsa Lugo e Ourense, e a súa tramitación será por primeira vez integramente dixital.

Unha das liñas de axudas postas en marcha, está destinada ao desenvolvemento do programa de Apoio ao Crecemento Empresarial (ACE), mediante o fomento da investigación e a innovación.

As axudas para os proxectos presentados por as pequenas empresas poderán acadar ata o 35% do custo subvencionable, e o 25% no caso das empresas medianas.Nos proxectos presentados por grandes empresas as subvencións poderán acadar ata o 15% do custo subvencionable.

Outra das liñas de axudas que ofrece a Consellería de Economía desenvolverase ao abeiro da convocatoria de Investimentos Innovadores para o Crecemento Empresarial (IICE), e está orientada á mellora competitiva das empresas, especialmente da pemes, mediante o incremento da súa capacidade tecnolóxica e innovadora.

A Consellería de Economía e Industria destinará este ano un total de 12,5 millóns de euros á innovación empresarial por medio da convocatoria de dúas liñas de axudas que teñen por obxectivo fomentar o crecemento das empresas mediante a investigación e a innovación e más incentivar os investimentos innovadores, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

Este investimento supón  un incremento orzamentario superior aos 1,5 millóns de euros na convocatoria do 2012 con respecto á do exercicio precedente.

A actuación enmarcarase no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011 – 2015, plan integral do Goberno autonómico que contempla entre os seus eixos estratéxicos a innovación como motor de crecemento empresarial e que , ao tempo, aposta pola valorización e aproveitamento económico do coñecemento, en todas as súas versións,

Ao abeiro destas liñas de axudas da Dirección Xeral de I+D+i, que se abrirán nos próximos días a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ( paxina web: www.xunta.es/diario-oficial-galicia/) téñense posto ao dispor  das empresas 32 millóns de euros ao longo da actual lexislatura.

Nesas convocatorias valoraranse especialmente os proxectos que se desenvolvan nas áreas de influencia dos plans impulsa Lugo e Ourense, e a súa tramitación será por primeira vez  integramente dixital, o que supón un paso adiante na implantación da administración electrónica.

A primeira das liñas de axudas postas en marcha pola Conselleria, que dirixe Javier Guerra Fernández, está destinada ao desenvolvemento do programa de Apoio ao Crecemento Empresarial (ACE), mediante o fomento da investigación e a innovación.

Dentro da convocatoria agora anunciada, contémplanse axudas para o desenvolvemento de proxectos de innovación empresarial, individuais  ou cooperativos, non só de carácter tecnolóxico sobre procesos ou produtos, senón tamén para a implantación de técnicas de xestión da produción, de márketing ou loxísticas, desde unha perspectiva de innovación aberta que combina o coñecemento interno da empresa coas aportacións externas, aquelas que provén doutos centros xeradores de innovación.

Neste apartado, as axudas para os proxectos presentados por as pequenas empresas poderán acadar ata o 35% do custo subvencionable eo 25% no caso das empresas medianas.

Nos proxectos presentados por grandes empresas asa subvencións serán de menor contía, aínda       que poderán acadar ata o 15% do custo subvencionable.

Na convocatoria do  ACE  está prevista tamén a concesión de axudas ás empresas para a preparación de novos proxectos para presentar a convocatorias de axudas estatais e internacionais no marco das medidas do Plan i2C para impulsar a innovación aberta e o crecemento económico.

No programa Apoio ao Crecemento Empresarial (ACE) tamén se inclúen axudas  especificamente destinadas ao funcionamento das plataformas tecnolóxicas galegas, co obxectivo de promover o desenvolvemento de proxectos de cooperación  que supoñan a participación  en programas estatais e internacionais de I+D+i.

A concesión de axudas estará sempre suxeita a unha valoración na que serán especialmente valoradas as propostas que amosen a implicación en dinámicas de innovación aberta, nos proxectos colaborativos promovidos e nas taxas de éxito e retornos económicos acadados grazas a eles, así como no labor de transferencia de resultados de investigación á empresa, e na internacionalización, entre outros

A segunda liña de axudas que ofrece a Consellería de Economía desenvolverase ao abeiro da convocatoria de Investimentos Innovadores para o crecemento empresarial (IICE), e está orientada á mellora competitiva das empresas, especialmente das pemes, mediante o incremento da súa capacidade tecnolóxica e innovadora.

O programa está destinado a facilitar o financiamento de recursos materiais específicos por parte das empresas para desenvolver proxectos de innovación que poñan no mercado novos ou mellores produtos e servizos.

Tamén se prioriza aquí as pequenas empresas, que poderán beneficiarse de subvencións de ata o 50% e as medianas de ata o 40%, mentres que no caso das grandes, a porcentaxe é dun máximo do 30% sobre o total do custo xustificado.

Apoiarase a adquisición de maquinaria de equipamento específico para os departamentos de I+D+i, como poden ser equipos de laboratorio, ademais dos acondicionamentos necesarios para a súa instalación e funcionamento.

As empresas interesadas tamén poderán solicitar axudas para a transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de dereitos de patentes, licenzas, know-how ou ben coñecementos técnicos, sempre que non estean patentados.

As subvencións da Consellería de Economía e Industria cubrirán tanto a presentación de propostas de proxectos de I+D a programas do Plan Nacional, sexan individuais ou en cooperación, así como de solicitudes a programas internacionais en cooperación – en particular, o sétimo Programa Marco, o Programa CIP, e os proxectos bilaterais e multilaterais do Centro de Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)

En todos os casos, os proxectos deberán ser desenvolvidos principalmente no ámbito territorial da comunidade galega.

No caso das pemes estas axudas poderán acadar ata o 70%  do custo subvencionable e para as grandes empresas ata o 60%

 
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona