envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - COCA-COLA E HEINZ COLABORAN PARA FABRICAR ENVASES MÁIS SOSTIBLES
Páxina Principal arrow Arquivo de novas arrow COCA-COLA E HEINZ COLABORAN PARA FABRICAR ENVASES MÁIS SOSTIBLES
COCA-COLA E HEINZ COLABORAN PARA FABRICAR ENVASES MÁIS SOSTIBLES PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 de Abril do 2012

Coca-Cola quere fabricar unha botella con plástico que proveña ao 100% de plantas e residuos vexetais, o que xa se conseguiu no laboratorio. Con este fin, asociouse con Heinz para que esta poida utilizar a súa planta de embotellado. Para elo, Coca-Cola planeou investir 150 millóns de dólares na tecnoloxía denominada PlantBottle. Heinz achegou un investimento significativo ao proxecto, pretendendo dar un paso máis nos seus plans de reducir nun 20% as emisións, os residuos, e o consumo de enerxía e auga para 2015.  Co uso de PlantBottle pódese diminuir a pegada de carbono entre un 12% e un 19%. 

O 100% da botella obtida con esta tecnoloxía é reciclable, polo que o material pode seguir utilizándose para fabricar novas botellas ou para facer mobles, pezas de vestir ou outros produtos.

En 2009 Coca-Cola creou a PlantBottle, unha botella de plástico PET fabricada no seu 30% con materiais procedentes de plantas como cana de azucre e melaza, e produtos secundarios resultado da produción de azucre en Brasil, todas elas plantas seleccionadas con criterios ambientais para garantir que non compiten coas colleitas para a alimentación. O 70% restante son derivados de combustibles fósiles, como o petróleo.  

O obxectivo de Coca-Cola é fabricar unha botella con plástico que proveña ao 100% de plantas e residuos vexetais, o que xa se conseguiu no laboratorio. Con este fin, asociouse con Heinz para que esta poida utilizar a súa planta de embotellado. Coca-Cola planeou investir 150 millóns de dólares na tecnoloxía PlantBottle para desenvolver a seguinte xeración de tecnoloxía que poida extraer azucre de residuos vexetais como talos de plantas, codias de árbores e pelas de froitas. Tamén está a traballar para conseguir neutralidade coa auga e neutralidade co dióxido de carbono. Heinz achegou un investimento significativo ao proxecto aínda que non quixo especificar detalles, e o seu obxectivo é dar un paso máis nos seus plans de reducir nun 20% as emisións, os residuos, e o consumo de enerxía e auga para 2015.  

En 2011 Heinz xa utilizou 120 millóns das novas botellas en Estados Unidos. O material resultante ten as mesmas propiedades que o plástico PET, aguanta a carbonatación do líquido, é igualmente reciclable, ten o mesmo peso e a mesma vida útil, composición química e aparencia, e é apto para bebidas carbonatadas, zumes e auga. Co uso de PlantBottle pódese reducir a pegada de carbono entre un 12% e un 19%.  

O 100% da botella é reciclable, polo que o material pode seguir utilizándose para fabricar novas botellas ou para facer mobles, pezas de vestir ou outros produtos. Un exemplo é a smart collaboration empresarial entre Emeco e Coca-Cola para producir a cadeira "Emeco 111 Navy Chair", fabricada con 111 botellas de plástico reciclado cada unha. A firma de mobles calcula que procesará máis de tres millóns de botellas PET

 
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona