|
O acto, que tivo lugar o pasado 19 de Abril, no salón de actos de FEUGA, contou coa asistencia de Pilar Morgade Saavedra, Subdirectora Xeral de Innovación Empresarial da Consellería de Economía e Industria, e Javier García Serrano, Dirección de Mercados Innovadores Globais do Centro de Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI).
Os membros de ENVITE debatiron na Asamblea Xeral as liñas de actuación para os próximos anos de cara ao posicionamento para os futuros programas europeos, entre eles o HORIZON 2020.
As presentacións da Secretaría Técnica de ENVITE así como as power point do CDTI poden descarase directamente dende esta web.
A Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE) celebrou o pasado xoves 19 de Abril a súa quinta Asemblea Xeral. Numerosas organizacións que integran ENVITE, entre as que se atopan empresas, grupos de investigación, asociacións, centros tecnolóxicos e outras institucións, coñeceron da man do Presidente do Comité Executivo e da Secretaría Técnica, o balance da situación actual da Plataforma, abordando aspectos tales como: actividades realizadas, dificultades, participación dos membros, perspectivas a curto prazo, oportunidades a medio e longo prazo, e propostas de liñas de actuación para os próximos anos.
As actividades que se priorizaron na Plataforma para o novo Plan de Traballo teñen como obxectivos, entre outros, a promoción e transferencia das capacidades tecnolóxicas dos membros, a colaboración público-privada con outras plataformas e clusteres, a proxección externa ou internacionalización, o traballo en rede para a cooperación tecnolóxica, e a creación de consorcios que consigan captar fondos para proxectos de I+D+i relevantes para a economía galega.
O acto, que contou coa coa presenza de Pilar Morgade Saavedra, Subdirectora Xeral de Innovación Empresarial da Consellería de Economía e Industria, foi aproveitado tamén para presentar as oportunidades de financiamento de proxectos de I+D+i nas áreas de enerxía e medio ambiente. Esta presentación correu a cargo de Javier García Serrano, Xefe do Departamento de Enerxía, Química, Medioambiente, Produtos e Servizos, da Dirección de Mercados Innovadores Globais do CDTI.
|