|
OPORTUNIDADES PARA ENVITE EN AGRICULTURA PRODUCTIVA E SOSTIBLE |
|
|
|
|
Xoves, 26 de Abril do 2012 |
|
O 29 de febreiro a CE presentou en Bruxelas a asociación europea para a innovación (EIP) «Produtividade e sostenibilidade agrícolas» (EUROPEAN INNOVATION PARTNERSHIP ON AGRICULTURAL PRODUCTIVITY AND SUSTAINABILITY. Esta EIP pretende proporcionar unha interface funcional entre a agricultura, a bioeconomía e a investigación e outras esferas a nivel da UE e a nivel nacional e rexional. Actuará como nexo de unión entre a Política de Desenvolvemento Rural e a Política de Investigación e Innovación (Horizon 2020).
Establecéronse dous obxectivos globais para esta EIP:
- promover a produtividade e eficiencia do sector agrícola (invertendo de aquí a 2020 a tendencia recente de diminución dos incrementos de produtividade)
- lograr a sostenibilidade do sector agrícola (garantindo unha funcionalidade satisfactoria das terras agrícolas de aquí a 2020).
Para máis información:
Comunicación da CE
Presentacións realizadas na Conferencia "Enhancing innovation and the delivery of research in EU agriculture", organizada pola CE (Bruxelas, 07/03/2012)
Presentación sobre a EIP realizada por Inge Van Oost, DG AGRI, na última reunión do grupo de traballo de Biotecnoloxía de ERRIN (13/03/12)
|