envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - XORNADA ECOINNOVA. DINAMIZACIÓN DUN NOVO SECTOR: A ECO-INDUSTRIA
Páxina Principal arrow Novas arrow XORNADA ECOINNOVA. DINAMIZACIÓN DUN NOVO SECTOR: A ECO-INDUSTRIA
XORNADA ECOINNOVA. DINAMIZACIÓN DUN NOVO SECTOR: A ECO-INDUSTRIA PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 de Abril do 2012

O vindeiro xoves, 24 de maio de 11:30 a 14:30, celebrarase a Xornada ECOINNOV@, na Escola Escola Politécnica Superior, Campus Universitario de Lugo, na que se mostrará cómo a través da Ecoinnovación é posible obter bioproductos e bioservizos a partir dun mellor aproveitamento de recursos da gandeiría e a agricultura



ECO-INNOV@ é un proxecto desenvolvido en Galicia, no Principado de Asturias e Cantabria, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, co obxectivo de promover a incorporación de procesos innovadores na xestión dos negocios, e amosar novas potencialidades do entorno natural que permiten a implantación dun sector empresarial emerxente denominado ECO-INDUSTRIA.

Durante esta Xornada proxectarase un documental no que participaron empresas e entidades galegas, entre elas varios membros de ENVITE , que explica cómo mediante procesos ecoinnovadores se poden xerar novas actividades empresariais a partir dun recurso tan tradicional e tan noso como a gandeiría bovina de leite e carne.



Ademáis, empresas galegas do sector da agroalimentación contarán as suas experiencias en Ecoinnovación e amosaránse as ventaxes da sua aplicación para as empresas.



Esta actividade está impulsada polo IGAPE e BIC GALICIA e enmarcase dentro Plan Impulsa Lugo.





A Xornada é gratuita. Imprescindible inscrición en:

http://www.bicgalicia.es/ecoinnova

Documentación anexa:

Programa da Xornada

Folleto da Xornada
 
Xunta de Galicia in.ci.teNeurona