envite Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente - ABERTA A CONVOCATORIA DE ECOINNOVACIÓN DO CIP
Páxina Principal arrow Arquivo de novas arrow ABERTA A CONVOCATORIA DE ECOINNOVACIÓN DO CIP
ABERTA A CONVOCATORIA DE ECOINNOVACIÓN DO CIP PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 de Maio do 2012

Informamos aos membros de ENVITE que está ABERTA ATA O 6 SETEMBRO, a convocatoria 2012 de propostas para accións no campo da ECO-INNOVACIÓN, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).



Esta convocatoria financia proxectos:

  • Relativos á primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos ou prácticas ecoinnovadoras que foran xa tecnicamente demostradas, pero que, debido a riscos aínda existentes necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.


  • As áreas prioritarias son cinco: Reciclaxe de materiais ; Produtos sostibles para a construcción; Sector da alimentación e das bebidas; Auga ; Greening Business.

    Os proxectos , de duración máxima de 36 meses, poden ser solicitados por unha ou varias entidades, se ben é necesario demostrar o valor engadido europeo do proxecto. A porcentaxe de financiamento dos proxectos é do o 50% dos custos do proxecto.



    Máis información
     
    Xunta de Galicia in.ci.teNeurona