Xornada: “O biogás como recurso renovable. Valorizacións innovadoras”
Martes, 03 de Marzo do 2009
Xornada: “O biogás como recurso renovable. Valorizacións innovadoras”Os próximos 12 e 13 de marzo terán lugar no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela, as xornadas “O biogás como recurso renovable. Valorizacións innovadoras” no marco do proxecto LIFE BioSOFC.

O programa inclúe relatorios de expertos, usuarios finais e organismos públicos que desenvolven proxectos no área de valorización de biogás mediante tecnoloxías avanzadas. Ademais tamén se inclúe a presentación do proxecto LIFE BioSOFC, e unha visita á planta piloto o día 13 de marzo.

O proxecto BioSOFC, financiado pola Comisión Europea no programa LIFE Medio, consiste na demostración dos beneficios dos sistemas CHP baseados en pilas de óxidos sólidos alimentadas por biogás.

Máis información en: http://www.biosofc.info/project.php

Para máis información pode consultar o programa (PDF, 519 KB).