SPHERE DESENVOLVEU BOLSAS DE SUPERMERCADO CON CAÑA DE AZUCRE.
Luns, 24 de Outubro do 2011
Sphere investiu, nos últimos 3 anos, 35 millóns de € (4,5 millóns en España) no desenvolvemento dunha nova liña de negocio que engloba as bolsas fabricadas con polietileno vexetal procedente da cana de azucre. Esto débese a que a lei de Residuos e Chans Contaminados, que adapta unha directiva europea e que foi aprobada polo Senado este ano, marca 2018 como data tope para decretar a caducidade das bolsas de plástic0. Por iso os produtores españois puxéronse mans á obra para fabricar produtos compostos por substancias alternativas ao petróleo. É o caso do grupo Sphere que en España conta cunha planta de produción en Utebo (Zaragoza) que dá emprelo a 170 persoas. Sphere fabrica bolsas feitas con fécula de pataca dende 2005 e, dous anos despois, puxo en marcha mecanismos de recollida selectiva de plásticos. Agora, puxo en marcha esta nova unidade de bolsas de lixo, de conxelados e filme que "sendo optimistas, supoñerá o 10% da nosa produción" "dentro de medio ano" asegura Biel. O obxectivo do grupo é substituír toda a produción de derivados do petróleo por polietilenos vexetais antes do 2020. Na actualidade, a compañía está en proceso de negociación con varias cadeas de alimentación de España "co que os primeiros acordos entrarán en vigor en decembro ou xaneiro", sinala.