| Xornada de posta en marcha dos grupos de traballo de ENVITE |
| Venres, 14 de Marzo do 2008 | |
O vindeiro 25 de marzo terá lugar en Santiago, na Escola Técnica Superior de Enxeñería, a xornada de posta en marcha dos grupos de traballo de ENVITE.A xornada comezará cunha presentación xeral dos obxectivos, características, e dinámica de funcionamento dos grupos de traballo, e continuará cunha serie de obradoiros específicos en diferentes áreas temáticas nos que os asistentes, de man dun dos membros do comité executivo, poderán debater e propoñer a creación de diferentes grupos de traballo. Nesta primeira xuntanza e en función do interese amosado polas entidades adheridas na enquisa realizada a través da páxina web de ENVITE, as áreas temáticas elixidas son augas, residuos e solos. Descarga de documentación
|